7/6/07

Sobrado dos Monxes


Fixen esta foto na fachada da igrexa do mosteiro de Sobrado dos Monxes por unha sinxela razón. Mostra unhas columnas salomónicas moi escasas de ver en Galicia fóra dos altares e sempre en madeira. A influencia chegara de Roma co famoso baldaquino de Bernini si ben aquí o modelo a imitar eran as columnas salomónicas do altar da catedral de Santiago. Alí anteriormente Bernardo Cabera tallara en madeira o primeiro exemplo na Capela das Reliquias (hoxe desaparecida). Posteriormente foi decisivo o nombramento de Vega e Verdugo por Inocencio X e que tras contemplar as xigantescas columnas en San Pedro concebiu o Tabernáculo da Catedral de Santiago en 1643. O Tabernáculo e as súas columnas serán a influencia visible máis importante que se espallará por toda Galicia. Había cinco exemplos en pedra dos que só quedan catro ao desaparecer o Hospital do Corpo de Deus en Pontevedra. Dos catro, tres atópanse en Ourense. A saber: Santa María A Real de Entrimo, As Ermitas e Oseira.

No hay comentarios: