19/12/07

Castelo de Portuzelo (Viana do Castelo)


Estado de abandono no que se atopaba hai anos





Estado actual

Na localidade de Sta Mª de Portuzelo, moi perto de Viana do Castelo (Portugal) pola estrada N 202 en dirección a Ponte de Lima atópase este curioso castelo revivalista. Foi fai anos cando lendo no tomo XXX do Summa Artis escrito por J.Augusto França sobre a arte portuguesa tiven coñecemento da súa existencia si ben no libro non viña imaxe algunha. Casualmente un día que viaxaba desde Viana a Porto pola IC1 na cima da ponte que cruza o Lima divisei ao lonxe esta edificación facendo unha relación directa co que facía tempo tiña lido. Así pasaron os anos ata que un día fixen o posible por visitalo de cerca, motivo polo cal traigo aquí estas fotos. Enterado da súa historia podo resumir que aínda que había no mesmo lugar construccións anteriores, o castelo que hoxe vemos foi obra de Antonio Pereira da Cunha que tras unha viaxe por Austria e Alemaña deseñou o actual castelo en 1853. As súas formas están inspiradas no Palacio da Pena en Sintra en mesmo na Torre de Belem en Lisboa. Presenta elementos neogóticos e neomanuelinos máis o que eu destacaría son esas "loggias" ao estilo veneciano tan singulares. Como curiosidade dicir que hoxe é propiedade dun español e según me informarón in situ está a venda.

No hay comentarios: