15/12/07

O pobo raiano de Tourem


Forno comunitario





Casa dos Bragança





Desde Xinxo de Limia en Ourense chegamos ata Calvos de Randín donde temos xa moi cerca a localidade raiana de Tourem, pobo que noutros tempos tivo unha grande importancia estratéxica no límite entre España e Portugal, razón pola que desenvolveu parte da súa vida adicada ao comercio e principalmente ao contrabando. Tamén acolleu a fuxidos da Guerra Civil. Atopei o pobo en moi bo estado de conservación e non pensei que fora tan grande. Destaca entre todas a súas construccións un forno comunitario con cuberta de pedra que se sosten por arcos formeiros ao estilo dos empregados en moitas igrexas. Unha das súas casas máis importantes esta hoxe adicada ao turismo rural (Casa dos Bragança) e nela chamoume a atención o seu sistema defensivo basado nuns buratos na parede da porta principal da entrada e que permitían desde o interior poder introducir armas de fogo. Algo indicativo de como as gastaban por esta zona.

No hay comentarios: