22/10/08

Museo Martins Sarmento en Guimarães

Veño de visitar por segunda vez na localidade de Guimarães este importante museo dedicado a nosa cultura castrexa e ubicado nun digno edificio neo bizantino proxectado polo grande arquitecto portuense Marques da Silva a inicios do século XX e que na cidade do Porto deixou outras obras como a Cámara Municipal ou a Estación de Sao Bento.
Martins Sarmento (1833-1899) foi unha destacada figura que pronto abandonou o seus estudios de dereito en favor da arqueoloxía. Tendo presente que a cultura castrexa e común a Galicia e o Noroeste de Portugal a visita resulta moi interesante. En realidade Sarmento foi quen estableceu as bases da arqueoloxía castrexa coas súas escavacións na Citania de Briteiros desde 1875 ata 1884. Importante foi o IX Congreso Internacional de Antropologia e Arqueologia Pré-históricas celebrado en Lisboa en 1880 e donde as súas investigacións pasan a ter repercusión internacional. Tratábase de interpretar esta descoñecida cultura Castrexa. Naquela época todo se reducía ao celtismo pero do estudo das decoracións de Briteiros e doutros castros deduce pronto as semellanzas que presentan coas da cultura de Micenas. Para Sarmento había unha clara influencia mediterránea. O museo divídese en dúas seccións: a sección de Epigrafía e Escultura Antiga y a sección das Industrias Prehistóricas e Protohistóricas. Na primeira atopamos toda unha colección de estelas, aras, fermosas portadas de casas castrexas e esculturas de guerreiros. Na segunda podemos facer un seguimento dos distintos útiles que foi empregando o home desde o Paleolítico ata a Idade do Ferro.

Museo Martin Sarmento


Formas decorativas de influencia micénica para Sarmento





Casa castrexa con rica decoración

Estelas
Guerreiros castrexos


No hay comentarios: