
Foi no verán de 1991 cando tiven a ocasión de coñecer persoalmente ao profesor Carlos Alberto Ferreira de Almeida con que visitamos varios enclaves importantes da nosa provincia como foi o campamento romano de Aquis Querquennis en Bande ou o castro de San Cibrao de Lás. As súas explicacións sempre claras e precisas mostraban canto tempo había adicado este home desde a Facultade de Letras de Universidade do Porto a investigación do noso pasado en gran parte compartido en común. Foi unha gran magoa saber da súa tráxica morte en 1996 que veu a truncar a súa grande obra. Entre os numerosos traballos, libros e publicacións que ten realizado eu veño a destacar este completo e sinxelo libro introductorio por varias razóns. É de fácil lectura, ven moi ben ilustrado e o máis importante, resulta moi doado atopalo nas librerias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario