
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
A igA igreada atópase en Melgaço e resulta moi fácil de localizar e ver por estar diante mesmo da estrada N 202. Ao parecer relacionábase coas necesidades agrícolas coma o sol ou a auga segundo documenta Carlos Alberto Ferreira de Almeida. O seu nome de Orada ven precisamente de ahí, de ser un lugar no que se ora. Presenta uns contrafortes que lle dan un marcado aspecto robusto. rexa da Nª Srª da Orada atópase en Melgaço e resulta moi fácil de localizar e ver por estar diante mesmo da estrada N 202. Ao parecer relacionábase coas necesidades agrícolas coma o sol ou a auga segundo documenta Carlos Alberto Ferreira de Almeida, o meu grande referente documental a hora de facer estes apuntamentos. O seu nome de Orada ven precisamente de ahí, de ser un lugar no que se ora. Presenta uns contrafortes que lle dan un marcado aspecto robusto. E moi curioso o seu portal norte no que mostra un relevo coa Árbore da Vida que ten a un lado unha harpía e o outro lado un animal que parece un león. Na portada principal non hai tímpano e presenta medallóns e columnas estreitas con capiteis decorados con follas. A súa forma lixeiramente apuntada fai que falemos dun portal xa protogótico. Na escultura esculpida no seu exterior podemos ver cabezas, obxetos e elementos xeométricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario