Santa Comba de Bande é unha das maiores xoias que se poden atopar na provincia de Ourense. Tomei esta fotografía recentemente por que atopo enormemente interesantes estas columnas sobre as que apoia un arco de ferradura de fermosa factura. A súa concepción é clásica pero tanto a imposta, a moldura e o capitel son mozárabes. Un criterio moi válido para poder afirmar esto é o feito de que hacia finais de século IX e inicio do X os árabes deixaran de tratar os nervos das follas de forma naturalista para facer un tratamento máis esquemático algo que é claramente visible nas follas que mostran estos capiteis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario