3/4/07

O Rei de Cerdeña en Valença



Fai xa moito tempo estaba eu paseando por Valença coa idea de facer algunhas fotos cando me atopei nunha casa con esa placa conmemorativa que chamou a miña atención. Nada menos que alí durmira unha noite o ex-rei da Cerdeña, Carlos Alberto de Saboia (1792-1849). A cousa foi que Cerdeña fora creada como reino no congreso de Viena de 1815 aínda que baixo a tutela do Imperio Austro-Húngaro. Carlos Alberto iniciara a súa andaina política simpatizando cos liberais e coa idea da unificación italiana. Como eso só lle trouxo problemas pouco a pouco foi cambiando hacia posicións máis conservadoras chegando en 1823 a participar en España cos Cen Mil Fillos de San Luis para dar remate ao Trienio Liberal. Convencido coa idea de unificar Italia enfrontouse aos austríacos sendo derrotado nas batallas de Custozza en 1848 e na de Novara en 1849 polo que tivo que abdicar no seu fillo Victor Manuel II. Obrigado ao exilio decide vir a Portugal motivo polo que durme unha noite nesta casa de Valença. Pouco durou o seu exilio xa que falecería no Porto no mes de agosto dese mesmo ano.

No hay comentarios: