
A fotografía que vou a comentar a continuación corresponde ao meo avó que é quen aparece ao volante deste Ford T. Él aínda era rapaz para conducilo pero non teño claro si pertencía ao seu pai ou a un irmán maior que tiña. O que sei é que a fotografía foi feita no lugar de Cantoña dato que sí recordo ben cando mo dixo. Posto a investigar en que ano puido ser feita tomei como referencia o modelo do coche xa que desde 1908, ano no que se fabrica o primeiro Ford T, ata 1927 en que se deixa de fabricar este automóbil pasou por diversas modificacións. Todos coñecemos ben a fazaña de Henry Ford con este primeiro modelo fabricado en cadea. En realidade, Ford fabricara ata dezanove modelos previos entre 1903 e 1908 que levaban letras coma R, N ou S. En 1908 presentou o modelo T que motorizaría os EE.UU chegando a vender máis de quince millóns de unidades. Fun comparando todos os distintos modelos T que se fabricaron e o da fotografía correspóndese cun modelo diseñado entre 1916 e 1920. Tendo en conta que o meu avó nacera en 1904 é posible que na foto él fose un rapaz dus trece ou catorce anos. Tamén recordo que me dixo que non era capaz de chegarlle aos pedais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario