31/5/07

Otto Wagner en Viena

Estación de Wien-Hietzing (1898)



Estación de Karlsplatz (1898)

Otto Wagner foi un dos grandes xenios da arquitectura modernista. Nunha viaxe a Viena empreguei algún tempo en coñecer mellor algunhas das súas obras máis singulares. Aquí mostro dúas estacións de metro encargadas pola Comisión para a Construcción do Metropolitano. Ambas teñen o común denominador de ter moi coidados ata os últimos detalles aínda que presentarán caracteres moi distintos correspondentes a evolución do estilo que se foi producindo en Wagner. A estación Wien-Hietzing foi construida para ser utilizada pola familia real en exclusiva e atópase moi perto do Palacio Schönbrunn. Esta estación foi levantada co gallo da inauguración do metro e Francisco Xosé só a empregou unha vez. Presenta unha cúpula e un fermoso voladizo de ferro que non se aprecia nesta fotografía. Wagner mostra neste edificio un modernismo moi en débeda co eclécticisimo.
En contraste, a estación de Karlsplatz e moito máis atrevida e orixinal. Non esconde para nada a súa estructura de metal que mostra entre paneis de mármore branco. Os motivos vexetais abondan en cada detalle. Mantén unha gran relación coas construccións de ferro da arquitectura insdutrial da época.

No hay comentarios: