28/5/07

Os Gozos e as Sombras










A famosa serie baseada no libro do mesmo título de Gonzalo Torrente Ballester recreaba moitos lugares de Galicia sobretodo da provincia de Pontevedra. A serie fora realizada por Rafael Moreno Alba para TVE en 1981 e ambientaba o tempo da preguerra civil nun pobo imaxinario da Galicia mariñeira. Por necesidades do guión foilles preciso dispor dun autobús de liña o máis cercano no tempo aos que poderían circular por estas terras entre 1934 e 1936. Alguén recordou que a Empresa Mangana de Ourense dispuña dun deses vehículos gardados no seu garaxe da Ponte de tal xeito que se puxeron en contacto co seu xerente logrando un acordo de aluguer de 300.000 pts por algo máis dun mes e sen contar os gastos do chofer (que aparece na serie). Descoñezo onde puido ser carrozado dito autobús aínda que sei moi ben que levaba un motor alemán Saurier. Estes motores son tristemente coñecidos xa que foran empregados polo III Reich na eliminación dos xudeus. Para a rodaxe la serie foi enteiramente pintado dunha cor amarela cando en realidade era azul e branco, as cores do Mangana. Nalgunhas partes da película nas que simularon chuvia botándolle auga por riba mesmo se ve claramente como a cor amarela vai desaparecendo e mostrando o súa cor orixinal. Cumprida esta última misión o autobús foi levado ao desguace, algo que xamáis debeu acontecer pois era ben merecente de ficar nalgún museo do automóbil.

O autobús aparcado na praza das Mercedes (Ourense) co seu formato orixinal











No hay comentarios: