
Lamento dicir que estamos ante un disco moi difícil de atopar. Randy Weston é toda una lenda do jazz nacida en Brooklyn no ano 1926. Pianista e compositor, foi dende unha idade moi temperá alumno de Thelonious Monk. Nos anos 60 comenzou a incorporar elementos africanos a súa música, interese que o levou a permanecer longas tempadas en Afríca onde Nixeria e Marrocos serían puntos vitais para él. Casablanca mesmo convertiríase na súa verdadeira morada. O disco Blue Moses que hoxe presento foi gravado en 1972 aínda que chegou por vez primeira as miñas mans hacia 1979. É un disco de un gran cromatismo sonoro e dunha gran beleza. Acompañado de Freddie Hubbard, Ron Carter, Hubert Laws e Grover Washington Jr xunto a unha gran sección de cornos, Weston recreou temas como Night in Medina ou Marrakesh Blues que falan ben as claras desa inclinación africana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario