
Para tódolos amantes da música do Brasil veño aquí con unha recomendación moi especial. Trátase dunha xoia de Antonio Carlos Jobim chamada "Tom Jobim Inédito". Ten a particularidade de ser o disco que máis disfrutou Jobim xa que a súa propia casa fora convertida nun estudio de gravación entre maio e agosto de 1987. As gravacións facíanse na súa sala de piano a partires das once da noite ata a madrugada coa finalidade de mitigar o ruido da rúa. O disco só sairía cunha tirada moi limitada a finais de 1995, un ano despois da súa morte. O que hoxe degustamos é o relanzamento que se fixo en 2005 cun tratamento notable do seu son. Aquí están perlas coma "Wave", "Chega de Saudade", "Retrato en Branco e Preto" e tantos outros ata vinte e catro temas inesquecibles. Imprescindible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario