3/5/07

Toquinho en Ourense (25-4-07)


Aínda que todas as fotos que aparecen no meu blog foron feitas por min, neste caso tiven que botar man da publicada nun xornal ante a prohibición de facer fotos durante o concerto. O caso e que o pasado 25 de abril tivemos a grande sorte no Auditorio de Ourense de poder escoitar a un dos grandes da música de Brasil. Quén non escoitou a Toquinho acompañando a Vinicius de Moraes nas impagables actuacións no cafe La Fusa unhas veces con María Bethania e outras con María Creuza e que deron lugar a unhas memorables grabacións. Nada menos que dez anos estiveran xuntos tocando. En Ourense fixo un resume dos seus cuarenta anos de carreira na que non faltaron temas emblemáticos coma Tarde em Itapuã , Samba de Orly, A Felicidade ou Acuarela. Veu acompañado, entre outros músicos, de Silvia Goes ao piano eléctrico que deu mostras dun extraordinario dominio e tamén da voz de Vanda Breder.

No hay comentarios: