3/5/07

Marcos Valle en Santiago (2-4-07)



O día 2 de maio, días despois do magnífico concerto de Toquinho en Ourense, escoitamos nada menos que a Marcos Valle no teatro Principal de Santiago na que era a súa primeira viaxe a Galicia como el mismo nos contaría. Marcos Valle é un dos grandes músicos da segunda xeración da Bossa Nova e da súa autoría son fermosas cancións coma Samba de Verão, Preciso aprender a ser só, Viola Enluarada ou Terra de ninguén. Mistura Bossa Nova con elementos tomados do jazz e doutras músicas obtendo un resultado dunha alta calidade. Acompañado do seu inseparable piano Fender Rodhes introdúcenos nuns sons actualizados que recordan moito aos anos 70 e as músicas que por aquelas datas facía tamén Eumir Deodato. Non en van Deodato chegara mesmo a publicar un disco titulado Deodato plays Marcos Valle. En Santiago deu un repaso aos seus temas clásicos pero principalmente centrouse nos seus últimos discos Jet Samba (2006) e Contrasts (2003), o primeiro enteiramente instrumental e o segundo máis vocal. Jet Samba mesmo foi premiado en Brasil como mellor disco instrumental. Foron os músicos cos que gravou ese disco cos que se acompañou neste concerto, músicos brasileiros todos eles extraordinarios que deron boa conta da súa valia tanto en estudio coma en directo.

No hay comentarios: