Trilok Gurtu é un percusionista moi creativo que fusiona as súas raíces indias (Bombay, 1951) co jazz o rock e a música clásica. Aínda que os seus comezos están unidos a colaboracións con
Terje Rypdal, Don Cherry ou a banda
Oregon, o coñecemento da súa música ven para min unido a súa colaboración co guitarrista
John McLaughlin e tamén a participación no disco "Song For Everyone" (1985) de
Shankar. Logo tería colaboracións notables con outros músicos como
Joe Zawinul ou
Pat Metheny antes de encamiñarse a unha interesante carreira en solitario dende os anos 90. No mes de febreiro pasado publicou o que ata hoxe é o seu ultimo disco "
Arkeology" no que se acompaña dun cuarteto de corda chamado Arké String Quartet. O resultado é unha obra madura que mostra unha delicada mistura entre os sons de oriente e occidente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario