27/5/07

Torres Xemelgas

Pouco tempo antes do derrube das Torres Xemelgas tiven a ocasión de poder facer esta foto a que nunca lle dín unha importancia especial ata que o atentado lle deu o valor do irrepetible xa que ata as cousas que parecen máis solidas poden deixar de selo nun intre. Aquela tarde chegara en metro dende a estación Pennsylvania e tras dar unha volta polo Winter Garden encamiñeime ao Two World Trade Center. Chamoume a atención a enormidade do seu hall adornado coas bandeiras de numerosos paises e alí dirixinme ata o ascensor que (previo pago) acadaba o piso 107 en 58 segundos. O ascensor tiña cabida para unhas cuarenta persoas e xentilmente un mozo premeu o botón que nos levaría a cima. Arriba había unha zona acristalada desde a que se contemplaba toda a cidade en 360º e tamén distintas tendas. Logo nun lateral había unha escaleira eléctrica que subía a terraza exterior. Nesa terraza fixen distintas fotos e nun momento deume por enfocar ao teito da torre xemelga One World Trade Center onde se atopaba o famoso restaurante Windows on the World e facer esta fotografía.

No hay comentarios: