29/3/08

Museo do Mar de Galicia (Vigo)






Interesante visita a que podemos facer en Alcabre coñecendo este museo no que lexos de pasar diante de paneis aburridos, como acontence as veces, podemos aprender lúdicamente moito do noso mar a par que disfrutamos dunha paisaxe fermosísima. Esta magnífica obra do arquitecto italiano Aldo Rossi con colaboración directa de Cesar Portela describe no seu interior unha parte estimable da nosa historia. A través das súas ventás podemos ver e tomar contacto real con ese mar do que alí se nos está a falar. Xa falecido Rossi, esta e a única obra súa en España.

No hay comentarios: