28/3/08

Matriz de Caminha




Percorrendo a estrada que pasa por diante da vila de Caminha e que nos mostra a desembocadura do Miño vemos ao seu carón a importante igrexa matriz que iniciada en 1488 levou máis de sesenta anos rematala. Foi unha obra proxectada por Tomé de Tolosa que procedía de Biscaia. A súa estructura é gótica e mostra tres naves sendo as laterais de menor altura. Estas naves sepáranse por arcos enteiros que se apoian en grosas columnas. Na capela principal e nas laterias aparecen bóvedas de oxivas. E de destacar o teito de madeira de clara inspiración mudexar e realizado por un artista pontevedrés. No se exterior presenta dúas portas moi interesantes, a principal e a porta lateral sur. Tamén podemos ver unha torre de sección cuadrada e que pertence ao románico tardío.


No hay comentarios: