3/4/07

Victor Horta en Bruxelas


Falar de Victor Horta é facelo dun dos máximos representantes do Art Nouveau. Desafortunadamente a maioría das nosas edificacións modernistas nunca foron tan atrevidas nas formas realizándose principalmente un modernismo tímido nas fachadas que case nunca pasaba ao diseño de interiores onde o eclecticismo seguía dominante. En contraste, Horta prestaba moita atención ao diseño dos interiores onde coidaba cada detalle por pequeno que fose. Pero o que máis me chama a atención da súa obra e o seu carácter democratizador. Non só aplicou o novo estilo ás casas dos burgueses (casa Solvay) senón tamén a edificios institucionais, hospitais etc e ata serviu de marco a organización proletaria na Casa do Pobo, hoxe tristemente desaparecida. Sempre me preguntaba por qué todas as persoas que visitaban a súa fermosísima casa na rue Américaine 23 en Bruxelas facían a mesma fotografía. Unha vez alí descubrín o segredo. Estaba prohibido facer fotos e só era posible na parte alta das escaleiras onde non podían ver a un facilmente.

No hay comentarios: