.jpg)
Non é doado definir a música de Jean-Luc Ponty pois aínda que temos etiquetas que permiten facer clasificacións a súa música parece como rebelarse a todas elas. Principalmente aparece dentro do xénero do jazz en parte debido a ese carácter improvisatorio que mostra en moitos temas. Para as persoas que non o coñezan debemos dicir que estamos ante un dos maiores innovadores do violín cunha traxectoria xa moi longa desde os anos 60 ata hoxe mesmo. A súa principal aportación foi a de integrar un instrumento clásico como é o violín entre os instrumentos modernos. Anteriormente só algúns músicos como Stephane Grapelli destacaran no mundo do jazz. Ponty intuíu cedo unhas novas perspectivas de éstetica sonora electrificando os violíns e acompañado de grandes instrumentistas chegou a facer unha música tremendamente excitante que se convirte por veces nunha banda sonora para a nosa imaxinación. De orixen francés naceu nunha famila de músicos onde desde unha idade moi temperán comenzou a tocar distintos instrumentos chegando a obter o primeiro premio do Conservatorio Nacional de París sendo mozo. A finais dos 60 e inicios dos 70 trasládase a EE.UU onde tocaría con Frank Zappa e posteriormente pasaría a formar parte de Mahavishnu Orchestra de John McLaughlin. En 1975 comenza a súa carreira en solitario da que sairía unha longa discografía con diferentes etapas. O 3 de xullo de 2005 foi posible escoitalo no teatro García Barbón de Vigo formando un trio con Stanley Clarke e Bela Fleck dentro dunha xira mundial denominada o Rito das Cordas.
Posteriormente o 21 de outubro de 2006 poidémelo escoitar de novo coa a banda que o leva acompañado nestes últimos dezaseis anos nunha magnífica actuación no auditorio de Vila Real (Portugal) onde se pechaban coa súa presencia as conmemoracións do 250 aniversario da creación da Denominación de Orixe do viño de Oporto como primeira denominación creada no mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario