20/5/07

Shankar "Song For Everyone" (1985) ECM


En setembro de 1984 o violinista indio Shankar (non confundir con Ravi Shankar) gravou un disco dunha beleza pouco común. Unha auténtica banda sonora para a nosa imaxinación chea de matices sonoros. Empregaba un violín de dobre mástil con dez cordas e estaba acompañado nada menos que polo saxo tenor e soprano de Jan Garbarek, a tabla de Zakir Hussain e a precusión de Trilok Gurtu. Todo un luxo de acompañantes. O prestixioso selo muniqués ECM daba conta do acontecido nesa xuntanza no Rainbow Studio de Oslo. O meu coñecemento de Shankar viña do disco "Electric Dreams" (1978) de John McLaughlin onde colaboraba nalgúns temas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Discussão emocionante neste blog, postagens assim emotivam a quem quer que reflectir aqui .....
Dá mais deste blog, aos teus leitores.

Anónimo dijo...

Oi interessante este espaço está muito posicionado.........Boa pinta :/
Gostei muito faz mais posts deste modo !!