17/6/07

@

















Curiosas estas imaxes que mostran o que parece ser a grafía dunha @ e que contrastan coa data que aparece o seu carón. Si pensabamos que esta grafía é exclusiva do ciberespazo parece ser que hai séculos outras persoas estarían familiarizadas con ela. Evidentemente non para enviar e.mails polo que descoñezo o seu significado. O caso é que o que podería parecer unha broma ou un truco do photoshop atópase no casco vello da cidade do Porto. A de 1685 pódese ver na praza de São João Novo e a de 1706 en Miragaia, moi perto da alfândega (aduana), concretamente na rúa do Monte dos Xudeus. Teñen en común ambos emprazamentos o feito de que foron habitados polos xudeus e como testemuña aínda hoxe se conserva moita toponímia relacionada con eles. E moi probable que ese feito explique esta simboloxía.

1 comentario:

Unknown dijo...

¿Arroba no es una medida antigua?, creo que de peso.No sé nada sobre ello, pero me parece que podría ser hasta una anotación cotidiana

(De mi antipática pertenencia a los refutadores de leyenda)