25/2/08

Vilanova dos Infantes (Ourense)










Nas proximidades de Celanova visitamos a localidade de Vilanova dos Infantes que fora concello ata 1927. Un percorrido pausado polas súas estreitas rúas, moitas veces con desniveis, permítenos comprender a súa estructura medieval entorno a torre fortaleza que a nai de San Rosendo, Santa Ilduara mandara erguer neste lugar e que fora derrubada polos irmandiños en 1476. O 17 de maio de cada ano e coincidindo co Día das Letras Galegas celébrase neste lugar a Romería Etnográfica "Raigame".

No hay comentarios: