23/5/07

Jean-Luc Ponty "The Acatama Experience" (2007)

O pasado día 22 de maio tivo lugar a publicación do que é o derradeiro disco do violinista Jean-Luc Ponty. En España non estará dispoñible ata o mes de xuño. Tras unha xira por todo o mundo durante o ano 2006 e parte do 2007 (recordemos que en outubro de 2006 estivo no auditorio de Vila Real pechando o 250 aniversario da denominación de orixe do vinho do Porto nun concerto magnífico) Ponty foi recollendo influencias dos distintos lugares polos que pasou en todo ese tempo e que agora se plasman neste disco a modo de viaxe musical. Nunca tal cousa fixera Ponty na súa longa carreira. Como novidade temos a inclusión novamente da guitarra despois da ausencia deste instrumento na súa música durante anos. Chéganos nada menos que das mans de Philip Catherine e de Alan Holdsworth, uns dos mellores guitarristas na actualidade. Tras o concerto dado en Santiago de Chile, Ponty visitou o deserto de Atacama quedando marabillado pola súa beleza o cal motivou o título do disco.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Siempre me llama la atención el descuido que se produce en ciertos nombres. No es muy difícil averiguar la correcta forma de escribir lugares o nombres de personas. Sobretodo en idiomas que hablan millones y no en dialectos locales. A lo que voy, el desierto más árido del mundo no se llama "Acatama" si no "Atacama".